Saltar ao contido

John Millington Synge

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaJohn Millington Synge

Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento16 de abril de 1871 Editar o valor en Wikidata
Rathfarnham (Reino Unido de Gran Bretaña e Irlanda) Editar o valor en Wikidata
Morte24 de marzo de 1909 Editar o valor en Wikidata (37 anos)
Dublín (Reino Unido de Gran Bretaña e Irlanda) Editar o valor en Wikidata
Causa da morteLinfoma Editar o valor en Wikidata
Lugar de sepulturacemiterio de Mount Jerome Editar o valor en Wikidata
Grupo étnicoPobo irlandés Editar o valor en Wikidata
EducaciónUniversidade de París
Royal Irish Academy of Music (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupacióndramaturgo, libretista, escritor, poeta, prosista Editar o valor en Wikidata
Obra
Obras destacables
Familia
PaisJohn Hatch Synge Editar o valor en Wikidata  e Kathleen Trail Editar o valor en Wikidata
IrmánsAnnie Isabella Synge Editar o valor en Wikidata
ParentesJohn Lighton Synge, sobriño Editar o valor en Wikidata

Descrito pola fonteGrande Enciclopedia Soviética 1969-1978, (sec:Синг Джон Миллингтон)
Dictionary of National Biography, second supplement (en) Traducir
Obálky knih, Editar o valor en Wikidata
IMDB: nm0843423 Allocine: 579202 Allmovie: p315182 IBDB: 6868
BNE: XX1135910 Bitraga: 1231 Musicbrainz: 5ad0d866-887b-4729-9ebf-91d137ee6cac Discogs: 1787286 IMSLP: Category:Synge,_John_Millington WikiTree: Synge-4 Find a Grave: 2010 Editar o valor en Wikidata

John Millington Synge, nado en Rathfarnham o 16 de abril de 1871 e finado en Dublín o 24 de marzo de 1909, foi un dramaturgo, poeta, prosista e recompilador de folclore irlandés. É unha figura clave no renacemento literario irlandés e un dos fundadores do Abbey Theatre. É coñecido sobre todo pola súa obra The Playboy of the Western World, que causou disturbios en Dublín durante a súa estrea no Abbey Theatre.

Aínda que proviña dun ambiente de clase media protestante, os escritos de Synge refírense principalmente ao mundo dos campesiños católicos da Irlanda rural e co que el consideraba o paganismo esencial do seu punto de vista sobre o mundo.

Synge padeceu a enfermidade de Hodgkin, unha forma de cancro daquela intratable. Faleceu poucas semanas antes do seu 38.º aniversario.

As obras de Synge axudaron a establecer o estilo do Abbey durante as seguintes catro décadas. O estilizado realismo da súa escritura reflectíase no sistema de interpretación ensinado na escola do teatro, e as obras sobre a vida campesiña foron o principal ingrediente do repertorio ata finais da década de 1950. Sean O'Casey, o seguinte dramaturgo principal que escribiu para o Abbey, coñecía ben a obra de Synge e intentou facer coas clases traballadoras dublinesas o que o seu predecesor fixera cos pobres das zonas rurais.

A crítica Vivian Mercier atopouse entre os primeiros que recoñeceron a débeda de Samuel Beckett con Synge. Beckett era un membro regular do público que acudía ao Abbey na súa mocidade e admirou en particular as obras de Yeats, Synge e O'Casey. Mercier sinala paralelismos entre as figuras de Synge de vagabundos, mendigos e campesiños, e moitas das personaxes das novelas e obras dramáticas de Beckett.

A casa de Synge nas illas Árann foi restaurada para convertela en atracción turística. Cada verán dende 1991 celébrase anualmente no lugar de Rathdrum (Wicklow), unha "Escola de Verán Synge".

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]
  • Greene, David H. & Stephens, Edward M. "J.M. Synge 1871-1909" (The MacMillan Company, Nova York 1959)
  • Igoe, Vivien. A Literary Guide to Dublin. (Methuen, 1994) ISBN 0-413-69120-9
  • Kiely, David M. John Millington Synge: A Biography (Nova York, St. Martin's Press, 1994) ISBN 0-312-13526-2
  • McCormack, W. J. Fool of the Family: A Life of J. M. Synge (New York University Press, 2001) ISBN 0-8147-5652-2
  • Mercier, Vivian, Beckett/Beckett (OUP 1977) ISBN 0-19-281269-6
  • Ryan, Philip B. The Lost Theatres of Dublin. (The Badger Press, 1998) ISBN 0-9526076-1-1
  • Synge, J.M.. The Complete Plays. 1st. Nova York: Vintage Books, 1935.
  • Synge, J.M.; "The Aran Islands" editada cunha introdución de Tim Robinson (Penguin 1992) ISBN 0-14-018432-5

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]